
Non será por falta de nubes, a cuestión é querer velas. E cando a choiva nos enchoupe e nos deixe coma pitos groufos, haberá quen diga que o ceo xamais estivo tan azul... A natureza é sabia, as treboadas que se están xerando servirán para que as amapolas dos campos rexurdan levantando triunfantes a cabeza.