Rebaja tu factura AQUÍ

LUBIAN: Hermenegilda era unha mulleriña que vivía hai anos...

Hermenegilda era unha mulleriña que vivía hai anos en Acibeiros. Para subir á casa había que facelo por un escalón, casi escada, amañado de calquer xeito por algún chambón.
Na casa non había electricidade.
Unha noite, ao encontrase doente a boa velliña, unha veciña chamou por telefóno ao doctor Cano, que saíu axiña co seu maletín cara Acibeiros.
A veciña, en chegando ao fondo do escalón, pensou que precisaban a axuda dunha linterna ou dun farol, polo que lle dixo ao menciñeiro:
--Aguarde un momento, doctor, que le tengo que dar luz...
O médico, xa nervioso de por si, entendeu a medias o asunto da luz, e ollando pras telarañas que tiña ao redor, berrou:
-- ¿Como que va a dar a luz? ¡Lo que me hacía falta: un parto en estas deplorables condiciones!
E digo eu, lembrando aqueles anos oitenta: a misteriosa muller da fonte de Acibeiros que sae nun relato... para levar á confusión aos lectores cando se vai espindo noutro lugar do camiño... e ven sendo unha cóbrega... ela non sería a tía Hermenegida no trance de dar a luz aos seus oitenta e tantos diante do farol de aceite e os fociños do señor Cano?
As apertas aos carballos, ademáis de enerxía, ás veces tamén producen alucinacións, sobre todo se anda preto o estramonio.