-25% solo aquí

LUBIAN: Pedro e Moncho eran dous irmáns dun pobo das Frieiras....

Pedro e Moncho eran dous irmáns dun pobo das Frieiras. Quixeron convertirse en empresarios, oficio moi en voga alá polos setenta, pero por máis que o intentaron, nunca acadaron levar ningún negocio adiante. A última tentativa que fixeron para lograr as súas ambicións foi nun embalse, no que en algún tempo se desenvolvían bastantes actividades de lecer. Moito antes de aparecer as lanchas de pedales, puxeron eles un posto con media ducia de botes de remo para alugar.
Á veira da auga montaron unha casetiña con dúas sillas e unha mesa. Alí pasaban o día estarricados vixilando os botes e dándolle ordes polo funil altofalante: “bote número dous, acabóuselle o tempo, faga o favor de volver” ou ”bote número cinco, non se arrime tanto ós outros”.
Un día, Pedro estaba medio adormecido estricado na silla plegable marrón, que no seu dia fora de flores rechamantes, cando oíu a Moncho decir:
-Bote número nove, bo-te nú-me-ro no-ve, non se alexe tanto…
- ¿O número nove? ¿Logo non temos só seis botes? -dille sorprendido. Moncho ponse de pé dun pulo, arruga o entrecello, pecha os ollos hasta deixar aberta só esa rachadura máxica que fai ver as cousas máis claras, e arrimando o altofalante ao morro rectifica:
-Bote numero seis, bote numero seis, avise se ten problemas…