Rebaja tu factura AQUÍ

LUBIAN: A tía Marea era morgada dunha familia acomodada que...

A tía Marea era morgada dunha familia acomodada que non se viu na inevitable obrigación de emigrar ás Américas, que ós comezos do século pasado era tan habitual entre as xentes da comarca.
Solteira, á morte dos seus pais quedou como única herdeira daquel xeitoso capital, mais a falta dun home na casa, pra facer os traballos propios da labranza, a condenaron a pasar a súa vida tras de unha parexa de vacas e media ducia de rixelos. O seu viaxe máis longo, fora sendo nova á festa das candelas a Acibeiros a mediados de febreiro de vai ti a saber que ano.
Metida nos setenta e dous abriles, como ela dicía, e cos achaques propios dunha vida chea de penurias no monte tras os rixelos, tal vez ciática, reuma e quen sabe cantas doenzas máis, aleixoada nunha perna foi quedando coxa aos poucos.

A súa sobriña Lucinda que dende rapaza vivía en Barcelona, onde se casara cun “Andaluz de Badajoz”, como tamén dicía a tía Marea, moi créente dos poderes terapéuticos das ortigas, os caldos de leiturgas e os curandeiros, decidiu levala a San Cristobal, ó pe de San Pedro de las Herrerias, onde pasaba consulta un afamado sanador.

Unha mañá de luns no Seat 1430 saíron de Lubián cara a Zamora pra darse a ver ó celebre curandeiro. A tía Marea moi cascarreta, como sempre, non deixaba de parolar, máis ao chegar ó alto de Padornelo pasar o túnel e avistar todo o val dos pueblos xabreses calou de repente, durante máis de dous ou tres kilometros o silencio no coche foi sepulcral. A súa sobriña le preguntaba: tía, ¿achase mal?, ¿esta marexada?, a tía so contestaba, non filla.
-entón, ¿que pasa?.
-Ai filla, ai…. ¿e dis que inda non cheguemos á Puebla?
-Non tía non, inda falta un anaco.
-Ai Virxe Santísima … Pero que grande é o mundo.