Factura rebajada un 25%

LUBIAN: Alá polo ano 1973 ou 74 sendo eu rapaz de escasos oito...

Alá polo ano 1973 ou 74 sendo eu rapaz de escasos oito anos, andabamos unha tarde de domingo, varios “pintas”, ás froitas que o Agustin tiña na Cana. De repente vemos que pola canada acía nos, ven un matrimonio de carrilanos que facía pouco tempo vivían no pueblo, ó que chegaran para traballar na CECEA. Nos espantados por tal de non ser descuberta a nosa trasgada, metimonos na caseta que ó pé do camiño había, e creo que inda hai, engatemos pola parede e agazapemonos no alto, por tras de unha viga. Mal pensemos nos que a intención que levaban era a de meterse na caseta, e máis sorpresa foi a nosa ver como “pisaban a herba”... iso si que era pisar a herba, el, de pé cos pantalóns a media perna, ela a saia remangada e as bragas nas canelas, déronnos todo un recital do quen non deixemos escapar detalle
- ¡Ay Maximina que se me parten las piernas!
- ¡Aguanta Rufino que me voy contigo!

En adiante, cada tarde de domingo despois do Vermout vespertino no Bar do Poblado, aquela parexa buscaba a intimidade da castea da Cana. E nos acheguémonos varias tardes a procura das ensinanzas no xeito de pisala herba.