O Máximo enviuvera había xa moitos anos, e desde que se xubilara, cada primeiro de mes apartaba unhas croas para ir a Ourense e darse un caprichiño nas mozas da vida.
O ritual era sempre o mesmo; á mañá cedo collía o Ferrobús na estación de Lubián cara a Ourense, primeiro comía o pulpo e unha ración de orella ou callos no mesón Entroido ó pe da estación, para facer tempo, unha voltiña polo parque de San Lázaro, e ó querer caer a noite achegábase onde a Soraya que le facía perder a testa... e nun santiamén alcanzaba o ceo.
Mira por onde aquel sábado non le había de saír a cousa tan a xeito. Dirixíase para o seu destino xa medio encalostrado cando ó pasar por unha zapatería desas que tein o escaparte en forma de u, entretívose en mirar unhas catiúscas que había no aparador. Tan embelesado estaba co raio dos borceguies que non se dou conta que a persiana que cerra por fora o escaparate baixou en automático quedando encerrado o coitado lacazan. Desde o sábado as nove e media de noite hasta o luns pola mañá, como si de un reo se tratara, alí estibo a bo recaudo. Co rabo entre as pernas, sen cambiar o aceite, e medio desvalido pola fame e frío que pasara, deambulou por Ourense todo o día hasta que á noitiña volveu para casa no Ferrobús.
Xa en Lubián como viña sendo as outras veces o Tío Xe que vivía porta con porta acercábase a el e pedía que le contara todos os pormenores da súa aventura.
- ¡Carallo Máximo esta foi gorda!
- ¡Foi carallo... foi; xa non esta un para estes trotes!
-Conta, conta.
-Á mediodía logo se me aconchegou unha Bilbaína cos muslos branquiños coma leite, a noite a miña Sorayiña relouqueaba nada máis verme....