Eu nacín nunha casa da Milla. Xa non está. Esborrallárona pra facer unha parte doutra casa nova os novos propietarios.
Nesa casa vivín deica os oito anos, cando nos trasladamos á Cachifra. Pero a pesares de tér tan poucos anos de vivencias nela, son moitas as lembranzas que conservo daquela década dos cincuenta do século pasado.
Esta é unha delas:
Miña mai andaba a barrer a escaleira, e eu de rabo dela.
Entonces apareceu a nosa veciña, Irene, pola rúa abaixo, cun sobre na man.
--E logo de ónde vés con tanta presa, Irene? --preguntoulle miña mai, cando xa estaba perto de nós.
--Veño do comercio de arriba --dixo ela ensinando un sobre cuns polvos no seu fondo--. Fun por tinta pra tinxir un abrigo de lá, cobráronme dous pesos e solo me deron polo cú! Mira!