LUBIAN: As vacas dela na Agrela. Un día cortiño de inverno...

As vacas dela na Agrela. Un día cortiño de inverno cheu de sol, pero inda así, frío.
Alá vou. Collo o atallo da canada das Corgas, e pola ponte nova, Devesa arriba, póñome alá, onda ela, no aire do demo. Dareille unha agradable sorpresa.
Alá está, no cimo do prado, ó abrigo da parede e tapada co mantón. Home, vai frío, pero tampouco é para tanto! Vaia sorpresa vai levar! Vou cos zamancos de puntiña por tras da parede, facendo menos ruido ca os chocallos e as esquilas. Encarámome silandeiro na parede, e alá vou enriba dela, abrazándoa, cinguíndoa e bicándoa na boca por sorpresa, mentras ela berra como se estiveran a degolala.
--Cabrón! --sonou coma un estoupido dun obús.
Sorpresa! Era súa nai! E eu alí coma un parvo, caladiño... Menuda zapucada!
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Inda. Certo que non che saliu o viaxe de moito proveito, pero ainda podía ser peor, imagínate que tamén podía estar ela debaixo do mantón con outro.