Ofertas de luz y gas

LUBIAN: O caso nahún ísta male, más teñes que ter cuidado que...

Naqueles tempos nos que os retretes inda non se inventaran, e para o alumbrado público inda non se creara a luz, el, un viuvo sesentón, xa coñecía que a veciña estaba avizada a escancharse por riba dunha guicha do pontón, e botar as súas deposicións directamente ao rigueiro. Bragas, non sei se levaba. Aposto que non, porque aquela crisis sí que era crisis.
Unha noite que había boa lúa, el decidiu agardala agarvado debaixo do pontón. Alí estuvo perto dunha hora a esperar.
De sopetón apagouse a luz da guicha. Entón el meteu a man por aquel burato, agarrou unhas guedellas e tirou delas con forza.
Carallo! Foi boa! Ela berrou coma unha fera, ao tempo que ciscou un inmenso cagallón que quedou depositado entre o pulso do meu avó e a manga da súa chaqueta de pana.
Cando mo contou, dúcias de anos despóis, dábame a cheirar a bocamanga, e aínda había arrecendo.

O caso nahún ísta male, más teñes que ter cuidado que te istás a parecer autro canda ahí en outro foro cualquera, parece que quereis competir a falar do que eu non bou facer, claro eu sey que aquí nahún resultará tan escandaloso, pero de tudas maneiras a que ter cuidado pois ístamos en festas.
Espero disculpe a ironía.
Unha aperta.