Eu non son Ben Cho Sei. Evidente: Inda estou eiquí.
BEN-CHO-SHEY, que así o escribía el daquela, cando a nosa lingua carecía de normativa, chamábase José Ramón Fernández-Oxea. Naceu en 1.896 en Ourense. Traballou de mestre primeiro, e de inspector despois, e vivíu 92 anos, ata 1.988, ano no que morreu en Madrid.
Foi membro correspondente da Real Academia de Historia. Tamén foi castigado polos fascistas por ser dirixente galeguista, sendo desterrado a Cáceres, cando a guerra incivil.
Sendo inspector en Madrid e membro de cantas sociedades galegas poidera haber na capital, cabeulle a honra de ser protector de estudiantes galegos tan ilustres naquela universidade, como Xesús Alonso Montero e Xosé Luis Méndez Ferrín, actual Presidente da Real Academia Galega.
Perdón por atreverme a adoptar adrede un pseudónimo tan parecido, que hai algún foreiro precipitado que se confunde, non sei se voluntariamente.
Non é máis que un dos seus numerosos erros, sen encomendarse a Deus, nin ao diabo.