Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Busquei LARAPIO no Estravís, pero non aparece. Estou...

GARAPIO.
Un nativo de Lubián traballaba hai xa moito tempo na Gudiña. E alí, nunha conversa, saiulle a palabra GARAPIO.
Como el non era galego, e os interlocutores si, de contado viñeron a preguntarlle qué carallo era un garapio, que os de Lubián, cando falamos galego, empregamos verbas que non son galegas.
El explicoulles o que é un garapio, e entón dixeron a coro:
--Ah! O guincho do esterco!
Este veciño decía un día que case non pagaba a pena falar o noso galego en Galicia, porque había quen se ría das nosas diferencias.
Daquela botei man do meu diccionario de Estravís (que non está en galego normalizado, porque aínda non se normalizara cando Estravís o publicou), e alí estaba e sigue a estar:
GARAPIO: instrumento para arrincar o esterco nas cortes.
Busquei o vocabulario de "El Dialecto galaico-portugués hablado en Lubián", de Cortés y Vázquez, e alí está tamén:
GARAPIO: instrumento para arrancar el abono en las cuadras.
Saco en conclusión que o Sr. Estravís, cando fixo o seu diccionario en tres tomos, utilizou neste caso o libro de Cortés y Vázquez para enriquecer o seu diccionario e parir, na miña humilde opinión, o diccionario máis completo da lingua galega.
O garapio tamén se usaba para descargar os carros de esterco nas leiras, montón a montón, sen subirse ao carro. Os seus garfos son curvados.
En definitiva, non sei en cantos lugares existirá esta nosa palabra de hoxe. Pero está moi claro que chamarlle "guincho do esterco" a unha ferramenta de labranza, tendo unha marabillosa palabra como "garapio", non deixa de ser pobre.
Traballarei para que "garapio" apareza en cada diccionario que se faga no sucesivo.

Falas ahí do Larapio, alen onde eu naci había muntos por aquila epoca, coma montos, tiñas que ter coidado pra non pisar nels, ahora en serio eu creo que oxe a más.
Ahora que podes esperar dos da Gudiña. Que como dice ô conto cada cuatro a unha sardiña.
Unha aperta.

Busquei LARAPIO no Estravís, pero non aparece. Estou cada vez máis seguro de que Estravís utilizou o vocabulario de Lubián que ven no libro de Cortés y Vázquez "El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián.