Un dos tambores da nosa banda estudia na Universidade de Vigo. É un deses lobicáns que hai por aquí (Padornelo + Lubián).
Aí atrás viña pasmado, porque un compañeiro galego non coñecía a palabra CHAIRA, que o noso veciño empregou na conversa que tiñan entre eles.
--Pois non digas "chaira", carallo, dí "llanura" para que che entenda--dixolle o outro.
Esta vez eu quedo abraiado. LLANURA é unha palabra que non recolle ningún diccionario galego. Qué galego falará aquel rapaz de Galicia?
CHAIRA: 1.- Pequeno vale ou veiga dedicado a diversos cultivos. 2.- Planicie, terra chá de menor ou maior extensión. 3.- Cilindro de aceiro co que os zapateiros ou os carniceiros afían as coitelas. 4.- Coitela de zapateiro.
Esta palabra usámola como sustantivo: "A chaira das Ameixeiras".
E tamén a usamos como adxetivo cando decimos, por exemplo, que unha leira é chaira, ou un prado chairo.
Parece que os nosos devanceiros non a usaban como adxetivo, porque na toponimia aparecen: Pedra Chá e Carreira Chá. Debería ser un prado chao e unha leira chá.
Pero cada quen debe falar como ven falando, que a miña intención non é cambiar as cousas.
Eu suscribo o pensamento de Gel Martínez ao respeto.