Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Boas verdades cuntas no asuntos dos regos da auga,...

Un dos tambores da nosa banda estudia na Universidade de Vigo. É un deses lobicáns que hai por aquí (Padornelo + Lubián).
Aí atrás viña pasmado, porque un compañeiro galego non coñecía a palabra CHAIRA, que o noso veciño empregou na conversa que tiñan entre eles.
--Pois non digas "chaira", carallo, dí "llanura" para que che entenda--dixolle o outro.
Esta vez eu quedo abraiado. LLANURA é unha palabra que non recolle ningún diccionario galego. Qué galego falará aquel rapaz de Galicia?
CHAIRA: 1.- Pequeno vale ou veiga dedicado a diversos cultivos. 2.- Planicie, terra chá de menor ou maior extensión. 3.- Cilindro de aceiro co que os zapateiros ou os carniceiros afían as coitelas. 4.- Coitela de zapateiro.
Esta palabra usámola como sustantivo: "A chaira das Ameixeiras".
E tamén a usamos como adxetivo cando decimos, por exemplo, que unha leira é chaira, ou un prado chairo.
Parece que os nosos devanceiros non a usaban como adxetivo, porque na toponimia aparecen: Pedra Chá e Carreira Chá. Debería ser un prado chao e unha leira chá.
Pero cada quen debe falar como ven falando, que a miña intención non é cambiar as cousas.
Eu suscribo o pensamento de Gel Martínez ao respeto.

Imperdonable mencionar as chairas de Lubián é non facelo coa chaira da Veiga Forcado, si era a despensa do noso pueblo, mira que viñan carros de patatas e de millos de esa chaira, abundancia de auga, bon terreno, (cuatro fames quitou.)
Por outra parte famosa por a leyenda que comentan, parece ser, que en tempos bastante remotos, había unha moza no pueblo muy hermosa, chamaba a atención por toda a contorna por a sua belleza, tiña novio, ¡como non! bastante celoso por certo, hasta se celaba que cuando andaba na horta, que os repollos lle viran as pernas, un bon día, ela estaba regando unha cortiña que tiñan en Veigaforcado, o novio que se enteróu faltoulle tempo para estar xunto a ela, baixa por atallo que había por a Cortiña Grande pensando de chegar antes.
En chegando o alto do Caborco, xa iba cos ollos clavados en ela, divisa que hai dúas personas, se vai aproximando, cuando reconoce que outro mozo do pueblo que lle fai compañía, él sabedor que a ela lle gustaba este mozo, casi cega, estuvo observando un rato, pensando que o rechazaría, pero en vendo que era todo o contrarío, que estaban mui felices os dous xuntos, sin pensalo máis, decide por o camiño máis corto ir dreito o río, a preseira de Sancho que está pegando a chaira antes mencionada, donde o pozo era mais fondo se tirou de cabeza e se afogou, de ahí lle ven o nombre de Veigaforcado. ¡Será verdad?
Falando de regar, recordo aunque xa vai unhos cuantos anos, unha mañá de esas apacibles, iba eu mui tranquilamente a tapar a auga o prado do Poulo, entretenido escoitando as milpéndoras, os pigarros, me chamou a atención un nido de merla que había na orilla do camiño, o estaba observando, cuando na Veigaforcado sinto unhas voces de padre é mui señor mió.
Duas mulleres, non, o nome non o vou a decir, sólo a inicial do nombre, unha era "J y a outra T" rifabaan moito por cuestión da auga, andaban regando as patatas as duas querían regar primeiro, pero non se puñan de acuerdo, as voces tremendas, que si un rayo te parta, que vaiche a lavar porcona, que si sólo teñes un pai, hasta ahí aínda iba a cousa máis ou menos ben, empeoróu cuando a J... dicelle a T... Cala esa boca que o teu home e un conainas, non ten cojones, que sempre tes que andar sola por todos os sitios é non te axuda a nada - contestalle a T... toda enfurecida, pero bueno, quen eres tú para xuzgar como ten o meu home os c... ¿A caso llos vistes? a min non me extrañaría nada, por que tú a esa cousas non lle fais ascos, de eso a que podo falar son eu, é pódeche decir que os ten e mui ben postos, o tamaño e tan considerable que hasta leva un artiluxo pra sujetalos, do contrarío, lle darían na pedra da lareira cuando se está quentando no lume. Para eso o teu home que estou segura que son como os de unha carrixa ¡entendes! e non me tires máis da lengua, que hoxe vai a vaixar aiquí hasta o tornillo pedrelo....

Boas verdades cuntas no asuntos dos regos da auga, nos en Barxa na miña acordanza, a auga xa estaba partida pro rego de prados millos e patatas, segun varas ou metros cuadrados, pero sabados e domingos era libre para regar o plantel de pementos tamates cebolas puerros calabacins, fabas etc. E tamen menudas disputas habia por culpa da auga.