Ofertas de luz y gas

LUBIAN: ZUPALDRÓN...

ZUPALDRÓN
Cando muxía miña nai á Marquesa, sendo eu un cativo espectador que gustaba sempre dun groliño espumoso acabado de saír daquel amoxo, o becerriño mamaba ao mesmo tempo do outro lado.
Ás veces o xato daba un golpe co fociño no amoxo, e tiraba con máis forza da teta.
--Ai, o demo leve o becerro, vaia zupaldrois que da na vaca!--queixábase a Lola.
Algunhas veces agora, para pedir no bar un "chupito", pido un zupaldrón. Pero cando a camareira se vai afacendo á palabra, cambian de camareira, e teño que voltar a empezar. Non o dou feito.
Cando pido un zupaldrón, algún labrego retirado co escoita, mírame de esgallo co mellor dos seus sorrisos.
Como xa non temos vacas, imos perde-la palabra. Por iso quero espurrir tantiño o seu significado, sempre que a camareira ou o camareiro non o tomen con segundas.
ZUPALDRÓN, -OIS: "los golpecitos que al mamar dan los ternerillos en las ubres de las vacas" (Dialecto galaico. portugués hablado en Lubián. Cortés y Vázquez)
ZUPALDRÓN: golpe que dá o becerro no úbere da vaca ao mamar. (Estravís)