Calcula tu ahorro de luz

LUBIAN: A palabra que describes é VICEIRA ou VECEIRA....

Cando eu era unha poliña e xa non tan pola, as vacas que non iban pra serra, por estar paridas o pra reservalas pros traballos do brau iban diariamenta a "vicela" ou "bicela" ben pro campo ou ben pros poulos. No diccionario galego non hachei esta palabra.

A palabra que describes é VICEIRA ou VECEIRA.
Refírese a que o pastor cambia. Cada día vai o que lle toca a "vez".
Estas dúas palabras están recollidas polo diccionario de Isaac Alonso Estravís.
Pero fala do gando en xeral: ovellas, cabras, vacas.
No caso do "caudillo" --así se lle chamaba antes aos magotes sen pastor fixo en Lubián. O "caudillo" era o magote veceiro-- en Lubián, por cada ducia de ovellas ou cabras que botabas ao magote, tiñas que ires un día de pastor con todo o magote. A xente tiña sempre un nº de cabezas múltiplo de 12.
No caso da vacada (vacas na serra), cando deixou de haber vaqueiros que gardaban o gando polo torrezmo (minas de grao ou outras especias), cada veciño tiña que gardar a vacada tantos días como vacas tiña nela, e ían por parellas de veciños.
No caso da viceira (vacas que ían para o campo diariamente), cada veciño tiña que ir un día, á volta, cando lle tocaba a vez.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
En Barxa, Pentes, San Lourenzo, que eu saiba, tamen se lle chamaba Veceira, tamen se ia por cada 12 cabras ou ovellas un dia, nos tiñámos 36, casi todas cabras, tocabanos tres dias, ainda que como noso pai tiña de medias outras 24 e o que llas tiña de medias sempre tiña disculpa as cuidabamos nos a maioria dos dias. Habia entre 360 e 400 na decada dos 6o ata o 75 que foron disminuindo. Cuidabas un pastor, ou cabreiro portugues que se lle pagaba e tiña que lebar outra persoa con el que se chamaba ... (ver texto completo)