Factura rebajada un 25%

LUBIAN: VoÇe ê un home documentado, más a sua adolescencia...

Nunca pensey que voçe, tibese tantas coisas encomun conmigo, falando do saco, era mellor amigo meu, claro istá de, garoto, tapabame can xobía, cargabo de fariña, nabos, café, outono, torgos, carbón etc. ô que eu nahún sabía ê que se podian meter parábolas, dentro, meu deus por nahún me dar conta antes, assín nahún tendría as carencias que teño oxe.
Disculpe por a ironía.
Unha aperta.

Os idiomas son sacos de palabras, amigo e amante da Sra. Pita. Pero as que descansan no cu do saco hai que espertalas, remexelas e subilas deica a boca para utilizalas e que non morran xamáis.
Un dos primeiros traballos que vin a desempeñar na miña vida foi o de transportista de sacos de grao desde as casas ao muiño familiar, e de fariña, desde o muiño ás casas dos clientes. Os meus perendengues inda non eran quen de bota-los sacos enriba do pollino. Tiña que cargalos o cliente en casa, e meu pai, o muiñeiro maquileiro, no muiño. Qué traballo máis divertido, sempre a cabalo do burro, encaramado encima do saco de 5 eminas! Agora para Chaos, logo para Lubián.
Aqueles sacos pesaban o seu peso en grao ou fariña. Os sacos de palabras sonche máis livianos, pero teñen un gran valor.
Na limpa dun veciño, xa con catorce ou quince anos, eu apañaba sacos de 4 eminas desde a aira cara o couso. Os demáis, maiores ca min, apañábanos de 5 eminas, e andaban a mofarse polo carallo desa emina. Así é que botei un saco de 5 ao lombo, e ao chegares ao couso, ao abrir a boca que levabas pechada coa man esquerda para baleira-lo centeo no couso, quedei algo desequilibrado, e alá fun dentro do couso co grao, co saco, co corpo e coa ialma. Que non se entere ninguén das que pasei para saír de alí antes de que chegara o seguinte transportista!

Aclaración: unha emina (ou mina) sonche 32 libras.

VoÇe ê un home documentado, más a sua adolescencia foi parecida a miña, con 14 anos viña eu carregado con trinta kilos de café de noute pra Vilavella, claro istá de pasador,ô xegar ô rio da vilavella tiñamos un pasadizo, era movil pra que a guarda nahún se dera conta donde pasabamos, a coisa ê consestia nun pao parecido ô tamón dun arado, cando piso no mencionado, había un bocadito de xeada, la vai ô Zé ô rio más pra protexer ô saco, moñeime tudo total que Miro pras rodillas, salian por un buraco do pantalon, sendo oxe istaría de moda, menos mal que ô gaxo da Vilavella, por ô que te bou pagar por tracer ô saco boute a regalar un pantalon novo, meu dito meu feito, total que eu coa alegria tiro as calzas molladas y rotas, total que ali quedou ô pantalon, más tamen quedou ô citurón, se noè ô cordel do saco nahún podía ir pro meu pobo, mire se teño que agradecer ô saco. Dirá voçe a que me armou iste co carallo do saco, pra que eu falara nil, mas foi unha anécdota na miña adolescenza, agora indo ô que voçe dice ahí das parábolas que quedan no fundo, eu sey más das letras que istán no meu,ô sinor se lo digo, más ispero que nadie nos ouba, sahún a, c. Ispero disculpe a brincadeira.
Unha aperta.