Luz fijo a 0,11115 €/kWh

LUBIAN: Lembro unha conversa xa fai moitos anos. Tiña eu daquela...

RAPADALLAS
Bonito xogo este das nosas palabras. A min sempre me gustou moito, rapadallas. E máis tamén me gustaba lamber as rapadallas que quedaban pegadas na artesa cando as nosas nais facían xuntoiro para cocer os roscóns nas festas.

RAPADALLAS: Raspaduras, restos da masa que fican na artesa e que se desprenden coa rapa. (Estravís)

Cando era rapaz os laregos miña aboa Maria chamaballe "os vacoriños". Unha vez en Verin reironse de min por decir esta palabara pero polo que se pode ver non ha inventera miña aboa.
"Y no entendiendo el idioma
de gallegos desaliños, vi acercarse en escuadrones,
gruñendo, suegras lechones,
que aquí llaman vacoriños.
No supe yo que juntaban
los cochinos de este modo en Galicia. Temblé todo
pensando que me agarraban;
quise huír; no supo el miedo;
desmayéme, y tú piadosa,
entre rolliza y hermosa, a medio engullir un credo,
fulste mi segundo cura,
bautizándome otra vez.
Volví en mí, miré la tez
de esa gallega hermosura;

Estes episodios degraciados suceden, maiormente, por duas razós:
A primeira; por ignorncia, ou, pra ser mais suave, por descoñecemento de outras palabras que dicen o mesmo (sinónimos).
A segunda;é unha flagrante falta de educación. Aquelas personas que se reíron de tí, tiñan tres problemas: a mais do dous reseñados, perderon unha boa oportunidade de "aprender"algunha palabra mais, tan nosa como outra cualquera; eu, toda a vida oí chamarlle vacoriños (ou vacuriños) a os porcos recién nacidos.

Cambiando de tema (aunque algo relacionado, por o de porcos) tamén me gustaría encontrar algunha palabra pra definir o esperpento de xuizo que empezou hoxe: ¿inxustiza, indecencia, atropello, burla, mofa, intereses políticos, revancha personal, etc., etc., etc.; claro está que estou falando do xuizo-farsa a Baltasar Garzón.
Deixoo pra outro momento, ahora non teño tempo.
Ánimo Garzón, estamos contigo. (Perdonai, perdoade o meu galego.
Unha aperta a todos.

Lembro unha conversa xa fai moitos anos. Tiña eu daquela amistades nun pobo da provincia veciña castellana, e decía un que certa palabra a usaban no pobo de ó lado (tamén castellano) porque "non falaban ben o galego".
Vamos a ser francos, a auga clara io chocolate espeso. Rirse ó oír unha palabra descoñecida é unha reacción humana tanto acá como alá das Portelas. Eu non creo que teña nada que ver o haber mamado o galego nos lindeiros ou galicia adentro. As palabras descoñecidas asociámolas co primeiro que se nos ven a mente, e se se da o caso ríese un. Quen non o fixo nunca que tire a primeira pedra. Eu digo esto por experiencia propia. O galego que se fala hoxe na miña casa é unha mezcla de tres provincias galegas, pero antes de chegar a este "consenso lingüístico" pasamos por mutos momentos de risas e discusións sobre quén fala mellor.
O que se califica de pobreza lingüística dos reidores, é un mal xeral que padecemos todos os galegofalantes, os de eiquí máis os de acolá. Pero máis pobre é quizais a RAG, que ainda non foi capaz de recoñecer na súa totalidade a riqueza desta lingua e dar por válidas todas as palabras empregadas en todos os lugares de fala galega.
Xinxelo, ¿a ver se as nosas avoas eran parentas? Miña nai chamáballe bacoriños ós porcos pequeniños e cando medraban un pouco, laregos.
Tamén me dixo unha vez o volver da peiteadora que non lle gustaba a cor que lle puxera porque lle quedara o pelo moi ruzo.