LUBIAN: O feito de pensar en galego e traducir sobre a marcha...

O feito de pensar en galego e traducir sobre a marcha cando converso es castelán, tenme feito máis de unha xogada. A composición moi a miúdo usada en galego para pedir unha explicación máis precisa: ¿e logo?, fágoa servir en conversacións en castelán, ¿y luego?, ó que os conversadores me miran con cara estrañada e contéstanme, “después nada”.