Calcula tu ahorro de luz

LUBIAN: Para min amorodio e unha fresa, que por certo estan...

Sempre penséi que esta palabra era exclusiva das Portelas, como "faínto".
¿Estamos todos a falar das fresas?
En galego normativo utilízanse as palabras "amorodo" e "morote".
Hai vinte anos tiñamos na escola de Lubián o grupo infantil TEATRO AMORODIOS, grupo que presentou varias obriñas en Sanabria e Carballeda, en Zamora capital e nas "Noites do Canto da Rá" (Verán Cultural) de Xinzo da Limia. Eran unha delicia que prestixiaba a nosa escola por eses mundos de Deus.

Para min amorodio e unha fresa, que por certo estan muy boas. Eu picaba nelas, ben nos ortos, que estaban postas pola bordiña, ou ben na beira dos camiños, tales como o do teixo, onde tamen habia arandos, que tamen estaban muy bos. Unhas eran cultivadas, e dulces, as da beira do camiño eran salvaxes e mais acedas.