Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Pois mira que eu asocio esa palabra con cero: "eres...

Lembreime desta palabra, mirei o libro de Cortés y Vázquez, e levei un cerote, ao ver que non recolleu esta palabra.
Abrin o Estravís, e levei unha boa alegría:
CEROTE: 1.- Masa ou mistura de pez e cera, ou de pez e aceite, que usan os zapateiros para encerar os fíos que empregan para coser. 2.- Medo, temor: "metéronlle un cerote...!". 3.- Cerollo (excremento). 4.- Fig. Persoa que non serve para nada: "este é un cerote que non hai por onde collelo."

Nós utilizámola como SUSTO, que ven tendo connotacións con medo ou temor. Haberá que empezar a espetala nos escritos.

Pois mira que eu asocio esa palabra con cero: "eres un cerote a izquierda". ¡Hai que ver a de cousiñas que estou aprendendo con vos! Por certo, si me permite, mestre, hai tempo que teño unha duda: ¿existe a y griega no alfabeto galego?