Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Fustaxe, fustras... lévame a palabra "palafustrán"...

Velaí outra palabriña nosa que non vexo nos diccionarios, nin xiquera no noso particular de Cortés: FUSTAXE.

"Pero qué fustaxe levas!" Esta expresión refírese a que non vas ben vestido, ou que andas enlarafuzado ou embulleirado, ou cheo de fariña,... Refírese á mala pinta que levas.

"Non fagas fustaxes". Así lle decía Lola ao Filipín cando facía "muecas", como torce-los fociños, ou xestos esaxerados.

¿Tamén se diría esta palabra fóra de Lubián?

Outra palabra máis que aprendo, fustaxe. No Pereiro nunca a oín. Miña nai usaba a palabra zapaldrán para referirse a persoa que andaba pouco arreglada ou cas faldras fora.
Ás cacaforras nos chamámoslle casi igual, cacaborras. Tamén se usa para referirse as persoas que están con frecuencia doentes.

Gel: Ten en conta que "fustaxe" non aparece en ningún diccionario. Igual é unha palabra que só se dice en Lubián.
Zapaldrán nunca o ouvín en Lubián, pero é sonora, e posiblemente a teña ouvido por aí adiante. Nós decimos BALDROGAS.

Amigo Inda: Cando eramos pequenos miña nai, desde que nos cambiaba me refiro a poñer roupa limpa, cando iamos despois algo manchados, utilizaba a palabra, menuda fustaxe que lebais xa caistes no bulleiro.
Un saudo.

Canto me alegro de que a palabra non sexa só de eiquí. Porque esa é unha das dúas acepcións que lle daba miña nai.

Na miña casa había unha variante a cerca da fustaxe. Recordo que miña abuela dicíame, mira que fustras levas coa faldra fora.

Fustaxe, fustras... lévame a palabra "palafustrán" que miña nai usaba cando se refería a alguén desaliñado ou con pouco espírito.