Luz fijo a 0,11115 €/kWh

LUBIAN: O do Mingo e certo, non penséis que é conto....

Vivía un home nun dos pobos da nosa contorna que tiña moitos cartos, pero seguía a ceplina-lo penico de mexos, con algún que outro "tropezón", coma eses que se botan nas sopas e consomés, por unha ventana á mesma rúa.
Os veciños, que xa tiñan todos retrete desde que se puxera a auga máis o saneamento, andaban moi fartos de aturalo, e puxeron o negocio en conocimento da autoridade competente.
O Alcalde chegouse alá, viu como estaba a blanquexar toda a parede co salitre dos mexos que se arramaban, probou o arrecendo que estaba instalado naquel curruncho, engurrou o fociño, e resolveu que aquel ricachón tiña que pór cuarto de baño, coma todo fillo de veciño.
Pasados uns meses, acercouse un día o médico ao alcalde con moita retranca:
--A ver, señor Alcalde, tengo entendido que gracias a su resolución el señor Mingo instaló todo un cuarto de baño en su vivienda.
--Así es.
-- ¿Y usted lo ha visto?
--No. Nunca he entrado en esa casa.
--Pues le explico: La vivienda está toda en un cuerpo. La lareira en una pared, tres camas en la de enfrente, una mesa y cuatro sillas en el medio y, ahora, al lado de la ventana por la que arrojaba el contenido del orinal, instaló un lavabo, una bañera y un inodoro.
--Pero entonces... pudiera darse el caso que mientras las hermanas desayunan, el otro se pone a ciscar en su presencia...
--Así es. Además se da la circunstancia de que también viven las gallinas en la casa, y las mismas utilizan la bañera para dormir: las cabezas vigilando a los tres humanos, y las cloacas rellenando de gallinaza la bañera. Si precisa usted abono para las lechugas, hable con el señor Mingo.
O alcalde quixo comprobalo, e foise alá, acompañado do secretario para levantaren acta. Petaron na porta, e de contado foron convidados a merendar.
Como eles eran tres, e os do concello dous, sumaban cinco. Pero só había catro cadeiras. Entón colleu o señor Mingo, arrimou a mesa ao retrete, as dúas irmás sentaron nas dúas cadeiras da dereita, os do concello nas outras dúas, e o patrón, na mesma cubeta blanca á que logo máis tarde regañaría as cachas, cando dixerise aquelas frebas da merenda.
Bon proveito.

De tódolos xeitos, o certo foi que deixou de asomar o penico pola ventá.

O do Mingo e certo, non penséis que é conto.

Tamén a ese mismo Sr. iba unha muller co fin de axudarlle a facer as cousas de casa é algo no monte.
O pouco tempo dou en crecerlle a barriga, pero non era de gorda.
As mulleres do pueblo o vela así, lle preguntaban ¿M. C.... Tú estás preñada? hay arrenegado sea o demo do inferno, ¡pero eu como vou a estar! si nunca fun con ningun home pra esas cousas, as veciñas insistían estás, estás, o que pasa que non queres decir quen te armou a barriga.
Pois mirai xa que tanto decis, si veño desconfiando que eu sempre como as berzas do caldo do horto que está pegando a casa do ti D.... é claro, ten eses tres fillos mozos que téin por costumbre ir alí a mexar nas berzas, seguro, seguro, que son eles os culpables de esta miña desgracia...