O arquitecto de Lubián, Antonio Prieto, é un apaixonado estudioso do Padre Lubián. Seguramente el pode decirnos moito máis do que damos atopado en google.
Eu, sabedor de tér un crego na familia dos meus devanceiros, quero tamén saber máis.
Os indios Sálivas era o pobo máis importante do Alto Orinoco. Con eles conviviu Roque Lubián trinta anos desde a Compañía de Jesús, na que ingresou en 1.732.
Chegou a ser Superior da Misión de San Juan Nepomuceno, cargo desde o que se viu mergullado nos asuntos que en 1.750 plantexou a "Comisión de Límites entre España y Portugal".
Del dice o historiador xesuita José del Rey Fajardo: "Fue sin duda uno de los grandes misioneros del siglo XVIII, y tanto su obra escrita como misionera son merecedoras de un estudio especial. Fue un gran conocedor de la Lengua Sáliva."
No 1.767, cando o rey Carlos III expulsou aos xesuitas dos territorios americanos, o Padre Lubián fixo entrega formal do lugar de San Miguel de Macuco a un agustino enviado pola Coroa. O lugar tiña eirexa, escola, hospital, 123 casas, cuartel militar, unha enorme carpintería, ferrería, 6.900 reses e 292 bestas.
Pero baixo o control dos agustinos a cousa veu a menos, e no 1.825 o lugar quedou completamente abandonado.
Coa expulsión dos xesuitas, Roque Lubián foi desterrado a Italia. Morreu en Gubbio o oito de maio de 1.781.
A ver se os ratos de biblioteca, que os hai, son quen de traernos moita máis información, porque outros pobos ben que explotan figuras deste relieve para reforzar a importancia do lugar onde nacimos e vivimos, ou temos as nosas mellores vivencias.