Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Unha vez era un mozo que tiña noiva en Acibeiros e...

Unha vez era un mozo que tiña noiva en Acibeiros e ía tódalas noutes a vela. I unha noute viu unha egua co ramal arrastro. Dixo pra el: "De quen será esta egua que anda a estas horas co ramal arrastro? Andará por aí o amo?".
Cuando se fixou, viu que a egua tiña pés de home, e onde pisaba deixaba piaxe de lume.
A egua acercouse a el e díxolle:
--Eu son un cura que me condenei e non podo entrar no ceio, porque estou condenado. E tampouco podo ire ao inferno con esta roupa. Tés que espirme.

El entonces seguiu o camiño, todo cheo de medo, e xa non foi onda noiva. Foi onda o crego do lugar, e díxolle o que lle pasara. E o crego díxolle:
--Pois tés que espilo, sexa como sexa, se non éche peor. Vas facer desta maneira: Fas un circo, e nel póis unha cruz pintada, e póiste encima da cruz, e cun lareiro largo e unha fouce na punta, vaslle quitando as vestiduras, e empezas polos pés, que se empezas pola cabeza, vaise a ti.
I el así o fixo. Foi ao sitio onde el lle dixera co esperaba, fixo un corro e nel pintou unha cruz, e púsose nela, esperando a que viñese.
Cuando veu, empezou a sega-las roupas polos pés, e según as ía segando, íase enterrando, e cuando as segou de todo e llas quitou, solo lle quedou a cabeza fóra, e díxolle:
--Maldita sexa quen tanto te ensinou.
Despois quitoulle o gorro, i ao quitarlle o gorro, enterrouse de todo, i el marchouse para o pueblo e xa non lle pasou máis nada.
Xa está.

(Recollido de Cortés y Vázquez. Arranxado mínimamente.)