Ofertas de luz y gas

LUBIAN: En Barxa habia un refran que decia, "se non ben o cuco...

O cuco agoira a primavera nas nosas montañas na segunda quincena de marzo, ou a moito tardar, nos primeiros de abril, co seu "cu-cu" infatigable. Eu xa o teño ouvido -este ano inda non- facer trisílabos e deica tetrasílabos: "cu-cu-cu" e "cu-cu-cu-cu".
Esta chamada do cuco ten que ver co apareamento. Pero unha vez emparellado, inda que con menos frecuencia, sigue a cantar deica xuño.
Acabada a posta dos ovos, o cuco adulto, que carece de sentimentos familiares, arremedando aos antigos fidalgos cos seus bastardos, encomenda a crianza dos fillos a outros paxariños subalternos, e vaise de turismo máis alá do Sahara, a Kenia e outros países de África do Sul, deica o ano seguinte, que volve para anunciare outra nova primavera.
No ano 1.991, polo vinte de xuño, observei algo que nunca vira, nin nunca máis voltei ver. Andaba eu á pesca da troita pretiño do pobo de Parada da Serra, cando ouvín cantar ducias de cucos ao mesmo tempo. Levantei a cabeza, e alí estaban cantando e voando de xeito desordenado, como se rifaran entre eles. Pensei que andarían nunha porfía, como no foro da Vilavella, pero neste caso simplemente para decidiren a saída cara ese viaxe turístico.
Pero como deste peculiar páxaro hai tantas cousas que contar, xa seguirei outros días.

En Barxa habia un refran que decia, "se non ben o cuco ultimos de marzo ou primeiros de abril, ou o cuco e morto o a fin quer vir"eu escoitei e escuto cantar o cuco, pero pareceme que antes repenicaba mais que agora. E os maiores decian que cuando paraba de cantar era por que os seitureiros lle cortaran o gañote.
Un saudo pra todos os foreir@s de Lubian.