Ofertas de luz y gas

LUBIAN: O verdadeiramente característico do cuco é a súa incapacidade...

O verdadeiramente característico do cuco é a súa incapacidade para choca-los seus ovos e mante-las súas crías, se cadra porque a súa posta é tan abundante -de oito a doce ovos- e o apetito da prole tan voraz que unha parella por si soa non abondaría para abicadala.
Por iso o cuco non se toma o traballo nin de face-lo niño. Chegado o intre da posta, espreita ao redor aos paxariños que se afanan na construcción dos seus niños e, unha vez rematada a obra e cos oviños dentro, o cuco empeza a esparexe-los seus ovos entre eles, un ou dous en cada niño, mesturándoos cos outros, aproveitando a ausencia dos pais.
Son moitos os páxaros aos que o cuco elixe para o choco dos seus ovos, principalmente paxariños pequenos. E como o seu ovo desentonaría polo tamaño e a cor na casa dos anfitrións, a natureza - ¡prodixio incrible!- dotou ao cuco dunha rara facultade, que permite á femia colora-las cascas dos seus ovos do ton dos da especie escollida para os seus depósitos: avermellados onda os outros ovos son avermellados e apincarados onde son apincarados.
Este mimetismo non basta naturalmente para iguala-lo ovo do cuco aos dos pais adoptivos, xa que o seu volume non pode disimularse, pero os paxariños, cegos coa súa maternidade, chócano co mesmo celo que aos propios.
Só algunhas aves se decatan do engano e rexeitan ó entremetido. A laverca (alondra), por exemplo, choca o ovo xigante pero, cando chega a eclosión, decátase da presencia do parásito, négalle o cibaco e déixao morrer de fame.
Eu teño encontrado cucos de cría, un en cada niño, na casa das pimenteiras (paporrubios), que traballan arreo para cebalo.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
De que o cuco era mui cuco, xa o sabía, pero non sabía que a "cuca" tiña unha impresora tan sofisticada no cu pra poder cambiar o color dos huevos, éstos ainda son máis astutos co lobo con moita diferencia.
Inda, pasmada me deixas con eso de que cambian de color os ovos, penséi que sólo cambiaba de color o camaleón e xa eso me asombraba. ¡Qué maravilla a naturaleza e qué intelixente o Creador! Como mai que son, podo entender que a cuca faga cualquer cousa pra protexer a sua prole, o que me costa máis entender é o de que os abandone, moi mal se ten que ver, a pobre, pra facer eso; e qué sufrimento debe pasar por non ver nacer nin criar os seus filliños, doime na alma...