Luz ahora 0,08475 €/kWh

LUBIAN: Ola! Por pura casualidade atopoeime con este foro o...

Ola! Por pura casualidade atopoeime con este foro o outro día. Alguén, un tal Barxes, que me coñece, falaba bastante ben de min, o que neste país meu non é moi común. (Gostaríame explicarlle, porén, que o de cambio de partidos, referido a min non é certo, mais non é este o lugar axeitado) Si que o é, en troques, para lembrar. Para lembrar a miña mocidade aí, en Lubián, o pobo no que exercín a miña profesión máis a gosto. Para lembrar á Asociación Xente Nova, o Grupo de Teatro Matamoura, para lembrar aos amigos e amigas, ao Felipe e familia, ao Félix, ao Claudio, ao Chiño, ao Justo, ao Manolo, ao Toño, e a tantos outros/as que non podo nomear porque estaría escribindo toda a noite.
Desde que traballei aí de mestre (catro anos) Lubián segue e seguirá sempre no meu corazón.
A propósito, entereime tamén por este foro do pasamento da nai do Felipe e familia. Recibide un forte abrazo e o meu máis sentido pésame. E a partir de agora considerádeme un foreiro máis.
Bicos
Xosé Manuel Pazos
"O da perilla"
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Prezado Xosé Manuel: Sendo eu mui amigo do Barxes, e conocido teu non tanto como el, xa que bos coñece a ti a tua compañeira e mais a vosa filla, te coñecin nunha amenización.... cando foí do porto deportivo, que nos presentou o Barxes. Vívo tamen nas rias ainda que eu son de Santigoso da Mezquita, e os outros irmans meus traballan en Ourense.
Falarei co Barxes pra darche unha visita por Cangas.
Unha grande aperta.