Amiga aes. Este home non sabe o que e realmente perigroso. Comencemos por esparexer o esterco coas maus e logo si non habia fonte na leira ir comer o pan co touciño sen lavarse ben. Con pocos anos subirse a un carballo e degallalo para ter no inverno os ramallos pas ovellas, pensao ben, subir con unha machada e pra mais o alto dun carballo. Utilizar sendo nenos ferramentas de corte tales como gadaña, fouce, fouciño..... Estar no alto do carro cargando o estrume ou a leña ou os mollos de palla mentras as vacas coleaban, bueno a veces quitabanselle as moscas cun ramallo para que estivesen quietiñas. Este home das gafas que e tan ilustrado, semellase a un curman de Holofernes da Adreira que ten moita teoria pero pouca practica. Demasiado esoterismo. Xa me gustaria a min velo, o das gafas, agarrando unha barrena mentras outro le da cun mallo, a brrena, claro.