Unha muller de certo volume, pesando perto dun quintal sobre os seus xeonllos e nocellos trenqueleantes, veuse achegando cun inmenso sacrificio ao xardín circular do castiñeiro.
Daquela guindou unha ollada observadora para cada punto cardinal, sen esquece-lo noroeste, e non vendo mouros pola costa, cunha axilidade insospeitada, arrincou dun só tirón un exuberante xeranio vermello, e acochouno na voluminosa faldriqueira.
Logo, dando unha reviravolta, alonxouse trenquelendo camiño da súa casa co aquel tesouro de sesenta céntimos agochadiño nas entretelas.
O alcalde, vendo toda a maniobra sen levantarse da cadeira do seu despacho, non foi quen de abri-la fiestra para agasallar cun aplauso tan limpa faena.
A vergonza allea déixate aparvado algunhas veces.