Calcula tu ahorro de luz

LUBIAN: Son as cinco da mañan, hai que levntarse cediño, ir...

Son as cinco da mañan, hai que levntarse cediño, ir sacando as vacas da corte, xunxilas, e apor o carro. Xa onte a tarde, arrancando co garapio, recebendo as salpicadelas e botando o carro ca espalladeira, deixamos cargado o carro de esterco. O pai saca unha vaca e deixa o rapaz, que solo ten seis anos, pegando dela hasta que saca a outra, unha vez xuntas, colle o xugo cunha mau e ponho encima das molidas, xunxen a parexa e repiten a operacion ca segunda parexa. Ahora ai que apor os carros e guiar hasta a leira. Oxe van a Sera Grande. Ai que sair cediño para estar o amanecer na leira, levan no alto dos carros os arados, a semente e un feixe pequeno de palla para facer as embelgas. Despois de unha hora larga de camiño, chegan a leira, van descargando os montois de esterco, despois esparexer, embelgar e sembrar.. por o arado e empezar a arar. O rapaz quere pero non pode, solo ten seis anos, non lle queda outra que andar dediante de parexa do pai. "tente arriba, tente abaixo"... asi hasta que queda a leira arada.... con arado romano.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
A bubela da casa da maria do marcial. Que maravilla, como describe perfectamente todas e cada unha das tareas da sementeira, xunxir as vacas e apor o carro, as molidas, o garapio, esparexer o esterco, feixe da palla pra facer as embelgas, leira arada co arado romano, o rapaz "tente arriba, tente abaixo"... así o lembro nin mais nin menos
Unha forte aperta Bubela, por refrescarnos a memoria con tantas realidades de fai tempo.
Certo, bubela: todo correcto e ben contado. Eu, se me permites, agregaríalle un pequeno detalle: se se levantan as cinco da mañá pra xunxir, quere decir que non "acomodaron" as vacas antes. Indo o carro cargado e levando encima o arado, a semente e mais a palla pra embelgar, non viña mal levar tamén un feixe de millos, ou un par de mañuzos de herba, pra que, cuando o gañán faga un alto na sua xornada (entre 9 e 10) pra mandarlle unhas magras de xamón e unhos chourizos, todo ben regado con viño de ... (ver texto completo)