Luz fijo a 0,11115 €/kWh

LUBIAN: O traballo de espantapáxaros ben podería ser unha ocupación...

Xa non son as cousas como andamos a lembrar ao falarmos da sementeira. Eiquí xa non hai unha vaca, nin xiquera unha burra peideira.
Os "reformados", que diría O Zé das Carvalhas, cavan as cortiñas á gavia para botar unhas pataquiñas, unhas fabas, algún tomate que ven madurar por este tempo, cando xa andamos fartos dos que vende o Delfín, unhas leitugas que non damos comido antes de saírense e uns pementiños...
Certo é que hai quen ten unha mula mecánica, máis perigosa ca o demo, e tamén que o Piño labra cun tractor de carallo.
De tódolos xeitos, esta labranza de agora en Lubián somentes é o que se ven chamando polos ilustrados "terapia ocupacional".
E como, cando non non ten que facer, o demo co rabo mata moscas, hoxe vou comezar a describir cousas das hortas e dos horteláns que pode observar quen queira.
Andaba unha tarde de paseo a carón da igrexa, cando ouvín un sonoro e teimoso aplauso no sagrado, onda porta do sol. Achegueime cauteloso a aquela parte do adro, asomando só o fociño, para ver de qué secreto espectáculo se trataba.
Na cortiña que un día fose eira había unha plantación de fabas cos fincóns enfeitados con dúcias de refulxentes CDs de ordenador, pendurados con cintas de córes, danzando sen cesar a melodía do vento. Por diante dese anfiteatro, unha platea de garavanzos xa a punto para a colleita.
Ela aplaudía desde o adro, botando xa fume polas palmas calosas de centos de ferramentas.
--E logo que andas a facer? --pregunteille, preñado de curiosidade a aquela mulleriña tan modesta.
--Qué vou facer? Logo non o ves? Estou eiquí, de espantapaxaros, escurrizando os pardais, que non deixan un garavanzo!

Home, vai, ¿e non te ofreciche a sustituila un anaco, pobriña? ¡Qué pouco solidario, sorpréndeme en tí!:-) É broma. ¿Qué tal levas esa jubilación? Aparte de observador da labranza de Lubián, ¿descubriche algún arte secreto no que ocupar este tempo que ahora xa non dedicas a enseñanza pública? Espero que disfrutes de este merecido descanso. E, polo menos, teraslle a comidiña feita a Tere cuando chegue do seu curro, ¿non? Qué menos...
Unha aperta pra tod@s, os ocupados e os desocupados.:-)

O traballo de espantapáxaros ben podería ser unha ocupación alternativa, se ben cabería a posibilidade de que os páxaros pousaran en min e me deixaran os ombreiros coma o pao dun poleiro.
O da comidiña xa che ven sendo outra cousa, que tanto a muller coma min somos inda precavidos dabondo contra a posibilidade de envelenamento.
Tamén é certo --non o negaréi-- que se hai que cortar unha freba de xamón sonche ben capaz de cortala.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Ja, ja, ja, humor non te falta; pero que sepas que esa é a disculpa que poin os homes que non queren cociñar, non entendo como os millores e máis grandes cociñeiros do mundo son, precísamente, homes, non mulleres.
Tamén é verdai que non se pode ser bon en todo e tú xa eres bon alcalde, bon maestro, bon amigo, bon home... Así que dedícate ahora ó que queiras que xa o teis ben ganado.
Saludiños a tod@s.