Das Carvalhas, non sei. Pero o máis alto segador, que ten unha grañeira na man, eche da Francia. Apoleirou en Lubián e veu sendo esta seitura a primeira da súa vida con grande perigo para os seus longos dedos sin dedís: non doblaba a palla coa man esquerda, para tras da fouce, antes da segada, e aquela fouce subía pola palla arriba de tal xeito que ben crin que o seu maimiño ía aquel día para o carallo.