Rebaja tu factura AQUÍ

LUBIAN: Pola miña porta pasa a xente de paseo tódolos veráns,...

Pola miña porta pasa a xente de paseo tódolos veráns, máis alá do luscofusco.
E xa máis tarde, pola media noite, sempre pasa a bo paso un octoxenario, roxo de carraxe, cara ás Casas Vellas. Será se cadra para baixa-la cea?
Ca. Eche boa! Non é iso. Tiven a afouteza de seguilo na máis absoluta escuridade dunha noite sen lúa, e isto foi o que pasou:
Ao chegare perto do Rebouzo, fíxose a luz ao seu carón, cun estouro arrepiante.
A min brincoume o corpo cara atrás, e escapóuseme un alarido involuntario.
--Pero home de Dios... qué está facendo?
--Qué vou facer? Anda, vai rañar!... Que teño aí abaixo un patatal, e mo está mamando o xabarín. Por iso veño polas noites de cando en vez a botar eiquí uns petardos que me truxeron de Verín, para escurrizalos, a ver si dou salvado algunha pataquiña, carallo!