O xabarín fozaba no patatal da Pía, e non deixaba ir adiante nin aos saínchos.
Ao lado do patatal había un lameiro. Era a parte da horta que xa non se cultivaba.
El, labrego reformado á terapia ocupacional, comezou por leva-la burra a dormir ao lameiro, atándoa nunha estaca espetada no medio. Pero a burra non espantou ao xabarín.
A seguinte iniciativa foi porlle á burra un deses chocallos que eiquí chamamos zumbo, ése que lle poñen os trashumantes aos carneiros que guían o magote. Pero tamén fracasou na tarefa de espanta-lo porco bravo.
Espetou sete espantapáxaros arrepiantes polo patatal adiante. Tampouco.
Foi daquela o fillo, e engadiu un aparello de música a pilas, con cantigas de Isabel Pantoja, a tódalas iniciativas que se ían apondo noite a noite. Certo foi que gastou en pilas máis do que valían as patacas que aínda quedaban na cortiña, pero desta sí houbo resultados:
Ao vi-lo día foron varios os veciños que poideron contemplar o patatal convertido nunha aira... ou millor dito, nunha pista de baile:
Os páxaros danzaban cos espantapáxaros e a burra co xabarín. E non pararon de bailar ata que as pilas feneceron.
Dicen as malas linguas que o baile comezou cos acordes de Panorama na Fontarbela.