Rebaja tu factura AQUÍ

LUBIAN: Aprezado Inda, como explicas a realidade da nosa infancia,...

Parecíame estraño que, ao longo dos séculos desde que o mundo é mundo, o asunto da propiedade non se houbera arranxado millor. Os que tiñan terras convertíanse en escravos delas, mentres os que non as tiñan convertíanse en escravos dos terratenentes.
Cando neno, xogaba con bullacas perto da leira mentres contemplaba cómo meu pai araba con dúas enormes vacas xunxidas coas cornais. Miña mai andaba de diante, conducindo aquela parella; meu pai seguía detrás, guiando a rabiza.
El, cos ollos cravados no chan. O rostro dela tan pardo e sucado de enrugas coma as leiras.
Así seguían toda a santa mañá, sen emitir unha soa palabra que non fose dirixida ás vacas.
Preguntábame, de cativo, por qué meus pais tiñan un aire tan avellentado.

Aprezado Inda, como explicas a realidade da nosa infancia, eu sempre de criado a guardar o gado, más nahún sei si era por a edade tíñamos bon humor, ahora béin a diferencia era piquena, do que tiña as terras do que nahún as tiñan, a situazahún era delicada, muntas veces penso que forin as circunstancias que nos tocou vivir, nahún me quero meter en política nin istou perparado nin vivo de ela, pero munta culpa do que nos pasou, eu penso que no meu querido Portugale foi do Salazar, na Ispaña do sinor Franco que deus lo tenga coa Gloria.