Luz ahora 0,00500 €/kWh

LUBIAN: Xa veis Inda, sigo pensando que non tes un pelo de...

Parecíame estraño que, ao longo dos séculos desde que o mundo é mundo, o asunto da propiedade non se houbera arranxado millor. Os que tiñan terras convertíanse en escravos delas, mentres os que non as tiñan convertíanse en escravos dos terratenentes.
Cando neno, xogaba con bullacas perto da leira mentres contemplaba cómo meu pai araba con dúas enormes vacas xunxidas coas cornais. Miña mai andaba de diante, conducindo aquela parella; meu pai seguía detrás, guiando a rabiza.
El, cos ollos cravados no chan. O rostro dela tan pardo e sucado de enrugas coma as leiras.
Así seguían toda a santa mañá, sen emitir unha soa palabra que non fose dirixida ás vacas.
Preguntábame, de cativo, por qué meus pais tiñan un aire tan avellentado.

Xa veis Inda, sigo pensando que non tes un pelo de tonto, ahora cuando observo as túas apreciacios de pequeno, mo confirmas unha vez máis.
Difícil pensar que a túa madre pudera pasar unha mañá casi sin falar, xa que era unha persona muy agradable é simpática, o que pasa, que querías que estuvera xogando contigo as bullacas, pero eso non podía ser!. Por outra parte, cuando un e pequeno, a xente mayor parece moito máis do que en realidad é.
Totalmente de acuerdo co das leiras máis os prados, todo o mundo atado como o burro a estaca, pero mira, si salias de ese ambiente, te encontrabas con algo muy parecido, sempre había alguén que tiña que machacar o siguiente.
O foro muy entretenido, a Bubela intentei aprenderlle o nido no veran pasado, non foi posible! ahora o caerlle a folla os castiñeiros será máis fácil.