Nos meus tempos mozos, coma tantos outros e outras, fun actor de teatro. Nunca esquecerei aqueles tempos, aqueles ensaios na Casa do Pobo, aquelas funcións no noso pobo e noutros pobos da bisbarra...
Unha das comedias das que hoxe me lembro é "O Pauto", de Xesús Pisón. Había un bispo doente, deitado no leito, con tres menciñeros danzando ao redor, na procura dun diagnóstico.
O bispo era este servidor. Vestía un camisón longo, xa que estaba no leito, e un gorro de dormir, e non paraba de queixarme pola súa doencia.
Os menciñeiros viñan explorando aquel meu corpo máis "mahuco" que "danone": que se a boca, que se as orellas, que se o bandullo... Un deles sempre espreitaba levantando algo as faldas do meu longo camisón... para botar unha ollada.
Naquel ensaio que estou a lembrar agora, o menciñeiro espreitador --que agora traballa nunha estación de servicio perto da Gudiña-- levou unha sorpresa tan grande, que houbo que dete-lo ensaio polas gargalladas. Resultou que o bispo sacara os calzóns ao vestir o camisón, por aquelo da calor, e alí estaban as avergonzadas e sacras vergonzas, entre o luscofusco da camisa de dormir.
--Qué carallo pasa? --preguntou o director.
--Nada, nada --contestou o médico aquel chorando coa risa.-- Só unha vista panorámica!