Factura rebajada un 25%

LUBIAN: Con relación ó Santiago, de Vilavella, é mui posible...

Chegou o noso grupo de Teatro Matamoura a Rionegro del Puente, convidado pola Asociación Diego de Losada de aquel lugar, e comezou por buscar o mellor recuncho para a súa representación.
--Aquí mismo, en el pórtico del Santuario. Éste es un escenario ideal --opinou o noso director plenamente convencido.
--Voy a buscar al señor cura, para pedirle autorización --contestou un tal Eusebio, daquela Asociación.
O señor crego meneou a testa, engurrou o fociño, e case xemendo preguntoume:
--Oiga usted: ¿La obra no será irreverente...?
--Hombre, no, señor cura. Una obra de teatro como tantas otras. Es un acto cultural.
--Bueno. Está bien. Les abriré la iglesia, para que les sirva de vestuario, y podrán utilizar las dos puertas laterales para entradas y salidas a escena.
--Muchas gracias, señor cura.
A obra saíu de marabilla. Os espectadores, entregados de principio ao cabo. E inda estouraban os aplausos entre o público, cando entra o señor crego dun pulo naquel artístico pórtico, berrándome cos ollos fora das cuncas:
--Pero ¿qué entiende usted por irreverente? ¿Cómo se atreve a decirme que la obra no es irreverente? ¡Un obispo embarazado por el ama, que finalmente decide abortar pactando con el demonio...! ¡Y dice el tío que no es irreverente!
Logo xa se calmou dentro da eirexa, a pesares de que eu estaba en calzóns, ao lado dun monaguillo de madeira que me servía de percha. Inda me quixo confesar, pero por fin contentouse coa súa reprimenda. Eu aguantei estoicamente cun sorriso permanente nos beizos. Cando acabou, só lle dei as gracias respectuosamente polos seus consellos.

Con relación ó Santiago, de Vilavella, é mui posible que sí o conozas. Posiblemente
bailaras mais de unha rumba, ou pasodoble, no salón de baile que él mais seus pais
rexentaban en Vilavella, ademáis do bar "Pidal".
Como decía seu primo Manolo, formaba parte do paisaxe do pueblo. Será dificil facerse a idea de entrar na Vilavella e non ver ó Parriña no alto da "rampla"; disposto a saludar con unha das suas bromas. D. E. P.
Un abrazo, amigo Inda.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Teño unha fotografía ao lado dunha estufa de ferro, con dous amigos de Chaos e outros dous de Lubián, e dícenme os outros que foi sacada no salón do Pidal. Tería eu uns dezaoito anos. Foi a única vez que estiven no baile da Vilavella, pero non debín de ligar moito, porque non me lembraba nin do retrato.
Polo que se refire á morte, non debe asustarnos, que xa sabemos que eiquí non imos quedar ninguén. Outra cousa é a pena que dá cando se acaba un ser coñecido e querido, claro.