Pois ten razón o noso amigo Ballesteros, estando eu o luns no peirao en Cangas vin pasar as falepas, o que nunca pensei é que a súa orixe eran as serras de Lubian. Chamoume muito atención porque debian ser macho e femia eran mui branquiñas.
Unha aperta pros dous.
Unha aperta pros dous.
Pois seguramente que, se eran macho e femia, e coa dirección que levaban, nestes momentos deben andar collidas do brazo alá por América do Sur, buscando un remanso de paz,... alonxadas daqueles incómodos xigantes das portelas que non paraban de abanear os seus brancos e longos brazos.....
¡Xesus!
Saludos pra todos.
¡Xesus!
Saludos pra todos.
O problema da parella de falepas foi namorarse. Xa na primeira aperta parecían chorar de amor. Pero non eran bágoas, non. Derreteron, e deviñeron en dúas pingas de auga cristalina perdidas no Atlántico. Se aínda deran chegado á Illa do Tesouro como falepas, ben podíamos facer un contiño. Pero misturadas coa inmensidade do océano...