Piño: Paréceme lembrar que un día me dixeste que non sabías cual era a SACAPRADA. Vela eiquí. As vacas pacen ao redor desta herba, pero non a tocan co fociño. De comela, produciríalle cirrosis hepática.
Na nosa cultura tradicional hai unha lenda sobre esta herba. Nunha pelexa entre un vibirón e unha donicela, ela envorquillábase de cando en vez na sacaprada. Dicen que cando o vibirón a mordeu, morreu el, e non ela. Algúns vellos cóntano como se eles mesmos fosen testemuñas. Pero iso é un mito. Desde logo eu non quixera que me mordese un vibirón, por moi emboutado de sacaprada que estivera o meu corpo.
Busca en google "sacaprada". Verás que é coñecida como "herba de Santiago". En algúns lugares de España chámanlle "sacapedos".