LUBIAN: Apreciado amigo Inda, sentin tamen eu a desaparición...

Sirva esta foto coma homenaxe á desaparición de Guti, o meu querido can de palleiro, que dormía tempo atrás no palleiro que había á miña porta, e tamén na mesma porta da casa. Ladraba polas noites, e metía respecto aos visitantes, a pesares de ser amigo de tódolos humanos.
Estamos a extrañar os seus ladridos e a súa presencia en tódolos eventos. Onde quera que descanse, descanse en paz, como pacífico foi nos seus dez anos de vida.

Apreciado amigo Inda, sentin tamen eu a desaparición do te can, lembro na festa do Cortello o lado teu e meu ainda o acariciei era un can noble, o cual gustabanlle ben os osos do cabrito e se tiñan algo de carne mellor, supoño seria aquel can grande pinto. O que me chama atención tamen é esta foto muitisimo del na sua cama no palleiro, da palla non da herva.
Respeito o analise que fixestes da sacaprada, Piño, Duli, e mais ti estou completamente dacordo, pois as vacas pastaban orredor dela e sempre quedaba como floreiro nos prados e como dixo Duli chea de morrións (bichos) negros e amarelos.
Curiosidade a "sacaprada", toda a toponimia é igual dun lado e do outro das portelas.
Un mui cordial saudo a tod@as os foreir@s de Lubian.