Luz ahora 0,14198 €/kWh

LUBIAN: ¿Sargento Chamorro?

"olla o can"......
Pin... pin... comecei a oír entre soños. Pin... pin... vaia, chove!
Espreguiceime. E, sen pensalo moito saquei o naris polo buraco da porta, e pin! Unha pingota no medio e medio do naris. Medio susto, medio risa.
Pasei o que quedaba de noite co naris no buraco. Uliscando a choiva, uliscando a herba, e o millo, e os toxos. Oíndo as bágoas do ceo, oíndo o meu respirar, oíndo os silencio da noite.
Entre soños atopeime ó carón da lareira onde ue me criei. Nacín entre pallas, e fun medrando entre neneos, e nenas, e vellos con chapeu, e vellas con pano.
Nesta parte da miña vida lembro o lume da lareira, o calor, o arrecendo do caldo do pote, e dos chorizos, os chíos dos nenos e das nenas, e dos carros das vacas, as pedras dasa casas, dos valos, e do chan das casas, e do chan dos camiños.
E lembro a man da vella da casa, no meu lombo. Era cega, sempre sentada preto lo lume, de vestir escuro, pelos sen color, pero chea de amor. Nunca se me esquece o día que marchou. Só sei que quedou a durmir e oín chorar, e oín as bágoas do ceo.

Graciñas Vir.

¿Sargento Chamorro?
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Sus ordenes, Romerales.