Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Aquela mañán acompañárame ata o castelo de Fuensaldaña...

Aquela mañán acompañárame ata o castelo de Fuensaldaña o noso veciño Jorge, quen quería arranxar na Demarcación de Estradas de Castela e León Occidental, en Valladolid, un asunto dunha expropiación da autovía nas Coruxeiras.
Coma un lóstrego chegamos ao aparcamento do castelo, sen paradas polo camiño. E nada máis aparcar, Jorge botouse fóra, xa coa man na petrina, cara un seto que había entre o patio do castelo e un colexio de primaria.
--Quietiño! --berreille antes de botare el a ferramenta contra aquela vexetación--, ven conmigo, que nun intre estamos no Pazo das Necesidades do Castelo.
A miña viaxe era para unha Comisión Parlamentaria de Agricultura. Non éramos máis que dezasete procuradores, polo que o castelo estaba valeiro.
O Pazo das Necesidades quedaba mesmamente cara á porta pola que saían do hemiciclo os parlamentarios de dereitas. Diante dos urinarios toda a parede era un inmenso espello. E na parede situada cara aos nosos cus estaban os confesionarios.
Dúas mexadas solitarias, cun silencio só vulnerado por aquelas pequenas cachoeiras... E de sopetón, aquel estoupido do demo, coma un trono, case rachando de arriba a abaixo espello tan noble coma aquél, facéndolle dar un pulo polo susto ao noso veciño Jorge, mentras abría uns ollos coma pratos.
Entón ábrese a porta dun dos confesionarios, e sai de alí, para lavárese as mans coma Pilatos a máis grande personalidade da Comunidade Autónoma.
--Buenos días, Lubián y compañía.
--Buenos días tenga usted, señor presidente.
O que non vou decir é cuál buraco foi o que xemeu daquel xeito. Que cada quen acabe a historia como mellor lle conveña.