Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Houbo en Lubián un boticas que unha noite, nun dos...

Houbo en Lubián un boticas que unha noite, nun dos bares que había daquela, prendeu co chisqueiro un feixiño de petardos, ciplinou o chisqueiro para baixo dunha mesa, e quedouse cos petardos prendidos na man. Menos mal que os artefactos tiñan menos forza que o peido dunha meretriz con tódolos buracos ben afurracados.
Pois ben: onte mandoume a muller cortar una cabaco de xamón para picalo e botarllo ás fabas verdes que xa acabaran de cocer. Como o xamón viña sendo ibérico, tiña por un lado unha boa ración dese touciño que tanta ledicia lle dá á lingua polas beiras. Co coitelo limpei a parte amarela dese touciño, presentándome diante da miña cadeliña Panda co xamón na man esquerda e o touciño amarelo na dereita; e mentras lancei o touciño cara á cadela, ela case me limpa o xamón da man esquerda. Menos mal que inda me quedan reflexos, que se non, lévame a man envolta coas frebas.