Ofertas de luz y gas

LUBIAN: Estaando o león doente, foi o lobo a velo, y despois...

Estaando o león doente, foi o lobo a velo, y despois dixole o león:
¿Cómo tardaste tanto en virme a ver, estando eu tan doente?
Pois mira, mira, sabes por qué non vin? porque andaba facendo xixa pra traerte, y a raposa como é tan lista, andaba detrás é todo me roubaba.
En esto que a raposa estaba ouvindo todo po lo buraco da chave, sin pensalo máis, a raposa entrou é díxole o leon:
Gracias a Dios que me veís a ver. Pois mira, é porque non pude vir máis pronto, que estuve estudiando unha meciña pra que sanaras.
E logo que meciña é?
E que hai que le quitar a piel a un lobo vivo, é pola tú de cuberta.
Botoule as uñas o león o lobo, quitoule a piel é se cubriu con ela o león.
Agora o lobo botouse a correr, y a raposa iba detras decindo:
Arriba patas
arriba ancas,
en este mundo
todo son trampas.

Y agora eu digo: mira compadre, cuando vayas o concello, métete nas túas canseiras é deixa as alleas.

Cuento de Josefa Alvarez de Hermisende, (tia abuela miña) Está escrito éste libro por Luis Cortés Vazquez.

Cantico da seitura - Hermisende.

Miña mai mandoume a fonte,
a fonte do salgueiriño.
Mandoume lavar a ola,
coa folla do romeiriño.
Eu laveia con areia
e quebreile un bocadiño.
Ven acá, perra traidora,
onde tiñas o sentido?
Non a tiñas na túa roca,
nin tampouco no sarillo,
o tiñas naquel mancebo
que anda de amores contigo.