Factura rebajada un 25%

LUBIAN: Ola. Miña nai cantaba: non quero berzas SEN unto non...

Dinme que me ei de perdere
por non calarlle a ninguenhe
o estar calado acabouse
xa tempo era tamenhe.

Arrimar arrimeime
funme arrimando
a criada do cura
cominlle o caldo
cominlle o caldo nena
cominlle o caldo
arrimar arrimeime, funme arrimando.

Non quero berzas con unto,
nin navizas con aceite
nin quero muxir a vaca
e que outros beban o leite.

Un gato cun empresario
cairon xuntos a un pozo
E como os dous tiñan uñas
rebuñaronse o pescozo.

Ai para cuñas pau de toxo,
Ai para o eixe de carballo,
Ai para contentalas nenas
Ai a cabezalla do carro.

Que cho teño ben gardado
heiche de dar o que teño
que cho teño ben gardado
nena cando foras miña
o caraveliño colorado.

Ola. Miña nai cantaba: non quero berzas SEN unto non nabizas SEN aceite. Polo significado da estrofa, creo que debe ser así.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Seguro que será así. Eu pensaba que a protagonista da estrofa, prefería o caldo e as nabizas con lacón, a min tamén me gustan bastante máis.