Factura rebajada un 25%

Iglesia con niebla, PADORNELO

ROMUALDO ERA UN HOME "FINO". Polas súas maneiras xeitosas conquistou reputación de home ben enseñado, aunque as súas cortesías co chapeu na man non tiñan certamente o cuño da fidalguía pura. A Romualdo, tan mixiriqueiro, tan fricoleiro, non lle pegaba ben un oficio de traballo, e despóis de chorarse moito logróu meter cabeza no xuzgado municipal, onde vivéu emborronando papel, ata o día da súa morte. Romualdo ademáis de escribente era un gran catador de viño, calidade que lle deixara o seu pai en...