Luz ahora 0,05024 €/kWh

la casa del tio francisco, PADORNELO

otro rincon de padornelo
(15 de Agosto de 2010)
Carmina, gracias pola aclaración. Eu tamén coñecín ó Rafael. Non sabía que estivera vivindo en Padornelo, porque cando eu o coñecín xa non era tan noviño, creo que xa estaba casado. Fai algúns anos que faleceu. Ó tío Francisco eu sempre lle chamei "o tío de Padornelo", anque él en realidade era tío dos méus primos, pero sempre houbo unha relación moi entrañable entre as nosas familias. Saúdos.
Hola Gel, no este Francisco non é o que tu dices, este é o ferreiro de Padornelo que por certo era o meu padriño.
O Francisco que tu dices vivía na carretera despois tiraronlle a casa é foise a vivir cerca do Xogo dos Bolos.
Tiña un sobriño Rafael. Rafael viviu muto tempo en Padornelo co tio Francisco e a sua tía Gertrudis. Rafael era da edade do meu hirmao, eran amigos, iba moito pola miña casa.
Un saludo e sigue visitando e participando no foro.
Eu estiven algunhas veces de pequena na casa dun tío Francisco de Padornelo que tiña sobriños na Vilavella e no Pereiro. Non sei si é a mesma persoa, porque a súa casa estaba a veira da N525 antes do ensanche, e cando se fixo a carretera nova tirárona. ¡Cantas vivencias e recordos están agora encerrados debaixo do asfalto! Saúdos a todol@s padorneleiros. Tedes un foro moi ameno.