Ofertas de luz y gas

PADORNELO: Hoxe pensei en Padornelo. Fai pouco expresei a miña...

Hoxe pensei en Padornelo. Fai pouco expresei a miña admiración pola foto do raposiño, ó que alguén contestou que cando entran nos poleiros os sentimentos que despertan son doutra índole. Eu esto tamén o comprendo moi ben. Pero bueno, a min este raposiño en particular despertoume sentimenteos tenros e adopteino sentimentalmente, imprimín a foto e colgueina na parede, de maneira que cada mañá o entrar ó traballo é o primeiro que me saúda. Tamén lle caeu en gracia os meus compañeiros, os que eu con todo o orgullo lle contei que é “de verdai” e que mora nos montes da miña terra. Esta mañá encontreime cunha sorpresa. Ó lado da foto do “meu” raposiño alguén puso unha foto dun cazador, escopeta en ristre, apuntándolle ó meu amigo. A miña primeira reacción foi de abrir ollos coma pratos e decir: “ ¿quén se atreve..?” Anque non puden evitar a risada cando vin algúns fociños asomando pola esquina, satisfeitos o ver que a miña expresión foi a que se esperaban. Por fin logrei enterarme de quén foi o culpable. Ó parecer unha compañeira quedouse a outra noite sin gansos. Entroulle un raposo no ploeiro (¿ou dícese gasnseiro?), matoullos todos e levoulle só un, que segundo ela, iso é o que mais fastidia, a matanza que deixan detrás. En fin, eu asegureille que o raposiño de Padornelo seguro que non foi. Saudiños a todol@s padorneleir@s, sin olvidarme, obviamente, do raposiño.. por si o volvedes a ver..