Ofertas de luz y gas

PADORNELO: Cada quen é moi ceibe de identificarse ata co seu ADN,...

Cada quen é moi ceibe de identificarse ata co seu ADN, se así o desexa. Eu non o preciso, e ademáis opino que se andásemos espidos polo mundo adiante, as partes máis íntimas perderían a maior parte do seu encanto.
O que fai falla é que a xente se exprese sen ofender, que para irmos de frente non é preciso levar o nome na fronte, coma no monte: PADORNELO.
Ben cho sei eu: hai centos de foreiros que sabe de min ata o DNI. É outro xeito de ver as cousas cun mangadiño de morbo, coma un pemento picón de Padrón.
E como ao ler as mensaxes con diferentes pseudónimos neste foro non aprecio liortas, nin insultos, nin ofensas, só quero berrar: ¡viva a liberdade! e viva tamén esa pizca de humor que tanta falta lle fai aos que viven permanentemente na saudade, na añoranza...
Saúdos con todo o respecto do mundo.